A presentación do candidato de Por Chantada, Antom Fente, púidose ver por diferentes canles

RibeiraSacraXa
A presentación do candidato de Por Chantada, Antón Fente, púidose ver por diferentes canles e tivo lugar no Casino
Por Chantada presentación
29 Mar 2023

Por Chantada presentou a súa candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio nun acto celebrado no Círculo Recreativo e Cultural da vila.

Antom Fente Parada, o candidato á Alcaldía do Concello de Chantada por este partido político, preséntase por terceira vez co obxectivo de mellorar os resultados dos anteriores comicios.

A lista de Por Chantada nesta ocasión está conformada por un total de 23 persoas.

Este acto puido seguirse a través do Instagram da corporación e hai un vídeo na conta de Youtube do partido para poder ver todo o evento.

0.085930824279785