A popular Raquel Arias puxo en valor as axudas da Xunta aos Grupos de Desenvolvemento Rural na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A candidata número 6 do PP de Lugo ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, quixo coñecer a iniciativa desenvolvida pola panadería Herbella, da Pobra do Brollón, e que foi posible grazas as axudas concedidas a través deste Grupo de Desenvolvemento Rural; un exemplo, dixo, “que demostra a utilidade pública deste axentes como catalizadores do emprendemento e da diversificación da economía local”.
Raquel Arias PP Panadería Herbella A Pobra do Brollón negocio
31 Xan 2024

A candidata número 6 do PP de Lugo ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, quixo coñecer a iniciativa desenvolvida pola panadería Herbella, da Pobra do Brollón, e que foi posible grazas as axudas concedidas a través deste Grupo de Desenvolvemento Rural; un exemplo, dixo, “que demostra a utilidade pública deste axentes como catalizadores do emprendemento e da diversificación da economía local”.

Así, puxo en valor que o GDR Ribeira Sacra-Courel “é un axente dinamizador de vida no rural, ao fixar poboación e ser un mecanismo de oportunidades laborais”. E é que, a través deste Grupo de Desenvolvemento Rural, que depende do AGADER, a Xunta de Galicia investiu no último mandato máis de 8 millóns de euros en 134 proxectos que permitiron a creación de 52 empregos.

Na convocatoria 2017-2023 apoiáronse un total de 175 proxectos nos 13 concellos que forma parte desde Grupo de Desenvolvemento Rural que supuxeron un investimento de máis de 10 millóns de euros e que contaron con axudas por importe de 4,7 millóns de euros.

O maior número de iniciativas postas en marcha foi en Sober con 36, seguido de Quiroga con 24 e Monforte de Lemos e Ribas de Sil con 19 en cada concello. En Folgoso do Courel 17, Bóveda 11, O Saviñao e A Pobra do Brollón 10 en cada un, 9 en Triacastela, 8 nas Nogais, 7 no Incio, 4 en Pantón e 1 en Samos.

0.16415190696716