A ponte medieval do Castelo de Quiroga renovouse cunha axuda de máis de 30 mil euros

RibeiraSacraXa
A ponte medieval do Castelo de Quiroga renovouse cunha axuda de máis de 30 mil euros
Ponte medieval de Castelo Quiroga
Ponte medieval de Castelo Quiroga
1 Abr 2023

O Concello de Quiroga rematou as obras de recuperación da ponte medieval do Castelo que forma parte do Camiño de Inverno e da Ruta da Encomenda.

Para levar a cabo estes traballos, que se centraron principalmente no pavimento e nos petos de protección, contouse cunha axuda de máis de 32.000 euros do Plan de Sostibilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo.

A ponte, situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o río Castelo das Eiras, aínda que presentaba un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica -deteriorada polo paso do tempo-, perdera a protección das beiras.

As obras de recuperación da ponte rematáronse coa limpeza da pedra e a contorna retirando vexetación invasiva na zona da ponte.

Realizando actuacións de conservación como a recuperación desta ponte, catalogada como elemento protexido, téntase revalorizar os recursos turísticos existentes no municipio como instrumento de crecemento económico.

0.14115405082703