A Ponte Medieval de Monforte, pechada ó tráfico este luns por tareas de limpeza
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que a Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello vai proceder este luns, 30 de maio, a acometer os traballos de limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando nestes últimos meses na Ponte Medieval. En concreto, as tarefas van consistir no corte da maleza e limpeza das herbas co obxectivo de resaltar a beleza do monumento.
Para a realización destes traballos, que se prolongarán durante toda a mañá, vai ser necesario empregar un guindastre. Por este motivo, os vehículos e os peóns non van poder pasar sobre a Ponte e a policía local manterá cortado o acceso toda a mañá, concretamente dende as 7.30 horas xa que a partir das 8.00 horas darán comezo os mencionados traballos de limpeza.
O alcalde salienta que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno municipal contemplou dende que iniciamos o noso mandato. A Ponte Medieval é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o disfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.