A poeta Yolanda Castaño pasou a súa residencia literaria 'Escrita no remoto' no Museo Pazo de Tor de Monforte

RibeiraSacraXa
A poeta Yolanda Castaño pasou a súa residencia literaria 'Escrita no remoto' no Museo Pazo de Tor de Monforte
Yolanda Castaño no Museo Pazo de Tor
27 Xan 2023

O Museo Pazo de Tor acolleu á poeta Yolanda Castaño, que remata esta semana a súa residencia literaria 'Escrita do remoto' de 15 días que comezou o verán pasado no Courel.

A poeta amosou o seu agradecemento ao programa de residencias, á Rede Museística Provincial de Lugo e á Fundación Uxío Novoneyra por concederlle "esta oportunidade de ouro para min" para "concentrarme na miña escrita creativa neste fermosísimo pazo barroco e neoclásico de Monforte".

Este programa de residencias, segundo Castaño, "trata de pór en valor a memoria do mundo literario do interior dunha provincia tan fascinante coma Lugo, a onde, por certo, xa se están mudando uns cantos dos escritores/as máis interesantes de España)", declarou.

Museo Pazo de Tor

Yolanda Castaño destacou que o Pazo de Tor "fai parte da ruta emocional de Novoneyra, dadas as súas inspiradoras estadías neste pazo musealizado".

Así, di que "tamén a min están a inspirarme as capas e capas superpostas de elocuente historia que poden rastrexarse nos miles de mobles e enseres que no pazo se preservan como cando eran empregados".

Destacou que "lugares do patrimonio galego, antes privados e agora doados ao legado público, son todo un tesouro por explorar" porque, estableceu que  "seguen botando historias e cada unha de nós podemos recontalas".

0.11247801780701