A Pobra do Brollón seleccionou aos gañadores do XVI Concurso de Tapas da Guimaralia

O Concello da Pobra do Brollón elixiu as propostas gañadoras do XVI Concurso de Tapas da Guimaralia, que se celebrou do 28 de novembro ao 5 de decembro e que este ano contou coa participación de cinco establecementos locais (Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O Pirata, todos eles na Pobra do Brollón, xunto con A Salanova, situado en Salcedo).
Os premios decidíronse mediante votación popular, e recaeron na Salanova, que recibiu o primeiro premio pola súa tapa 'Calamar entre luz e tinta', o Primeiro de Maio, premiado co segundo posto por 'Delicias guímaras', e Bar Avenida, en terceira posición pola súa tapa 'Canastica de plátano'.
Cómpre destacar que antes do inicio do certame, os pinchos foron avaliados polos cociñeiros Diego Martínez e Martín Mantilla, que verificaron que todas as tapas cumprisen cos criterios de calidade establecidos.
Ademais dos premios ás mellores tapas, tamén se sorteou un circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Iberik Augas Santas, situado en Ferreira de Pantón.