A Pobra do Brollón reparte compost gratuíto elaborado polos composteiros comunitarios

RibeiraSacraXa
O saco de compost pódese atopar ao carón da panadería Herbella
obradoiro-emprego-a-pobra-do-brollon-compostaxe
Participantes no Obradoiro de Emprego da Pobra do Brollón
30 Jun 2025

Os composteiros comunitarios da Pobra do Brollón comezan a dar resultados. As persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego do municipio estiveron estes días extraendo o compost producido cos residuos orgánicos recollidos entre a veciñanza.

O compost obtido, de alta calidade, servirá como fertilizante natural para hortas e xardíns. Unha parte empregarase nas zonas verdes municipais, mentres que o resto está dispoñible para toda a veciñanza que queira utilizalo nas súas casas ou leiras.

O saco de compost pódese atopar ao carón da panadería Herbella. Para recollelo, sinalan dende o Concello, só hai que levar unha bolsa e unha pa para coller a cantidade que se precise.

⚙ Configurar cookies
0.1835629940033