A Pobra do Brollón presenta un completo programa de actividades para este Nadal

RibeiraSacraXa
A vila encherase de propostas a partir do 21 de decembro
Nadal-A-Pobra-do-Brollón
5 Dec 2025

O Concello da Pobra do Brollón deu a coñecer a súa programación de Nadal, que inclúe propostas culturais, musicais e actividades para o público infantil repartidas entre decembro e comezos de xaneiro.

O 21 de decembro, a actriz Isabel Risco presentará As aventuras de Nabiza Girl na Casa da Cultura Olga Novo. O día 26, ás 17:30 horas, será a quenda de Brais da Hortas, que ofrecerá o seu espectáculo infantil Consertasso na Horta no mesmo espazo.

O 27 de decembro, dende as 16:00 horas, celebraranse os Cantos de Nadal polas parroquias, cun percorrido por Canedo, Piño e Saa. Xa o día 28, a Casa da Cultura volverá acoller o Mercado Circular de Nadal e ás 20:00 horas terá lugar un concerto do grupo Peitoescuro.

Para despedir o ano, o 31 de decembro o Dúo Eclipse amenizará a Festa de Fin de Ano na Casa da Cultura Olga Novo. A programación continuará o 2 de xaneiro coa presentación do libro 1140, de María José Tardeguilla Sánchez, e culminará o 5 de xaneiro coa tradicional visita dos Reis Magos.

Ademais, os días 22, 23, 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro organizaranse obradoiros de Nadal dirixidos ao público infantil na Biblioteca Municipal Antonio Reboiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.074424982070923