A Pobra do Brollón prepárase para celebrar as Festas do Corpus

RibeiraSacraXa
Serán do 20 ao 22 de xuño cun programa que incluirá música, gastronomía e actividades para toda a familia
festas-corpues-brollon-2025
12 Jun 2025

A Pobra do Brollón vestirase de festa do 20 ao 22 de xuño de 2025 con motivo da celebración das tradicionais Festas do Corpus, unha cita ineludible no calendario local que combina tradición, música, gastronomía e entretemento para todas as idades

O programa comezará o venres 20 ás 20:30 horas cun animado pasarrúas a cargo da charanga Europa. Ás 21:30 terá lugar unha popular pancetada gratuíta, que dará paso á primeira verbena das festas, amenizada polo grupo Somoza Trío e DJ Brollón.

O sábado 21 comezará coa alborada do grupo de gaitas As Macizas Centrais ás 10:00. Ás 13:00 celebrarase a misa solemne e a tradicional procesión, seguida dunha sesión vermú no campo da festa. Pola noite, a música volverá ser protagonista coa actuación do grupo Greasse e a discoteca móbil Space a partir das 22:00 horas.

O domingo 22, último día das festas, iniciarase tamén cunha alborada, desta volta a cargo do grupo de gaitas Brabán. Ás 12:30 celebrarase unha misa solemne e unha nova sesión vermú, nesta ocasión cunha banda de música subvencionada pola Deputación de Lugo. A xornada concluirá cunha gran festa nocturna, protagonizada pola orquestra Costa Dorada a partir das 21:30 horas.

Durante os tres días, os máis pequenos tamén poderán gozar de actividades infantís, como colchonetas inchables gratuítas durante toda a fin de semana.

Ademais, como peche do mes, o sábado 28 de xuño celebrarase o San Pedro cun pasarrúas da charanga TDB ás 20:30 horas, seguido dunha cea popular e dunha verbena nocturna a cargo de DJ Bady.

⚙ Configurar cookies
0.16124105453491