A Pobra do Brollón pon fin este xoves ao XV Concurso de Tapas da Guimaralia

RibeiraSacraXa
O concurso contou este ano cun total de seis locais participantes
Concurso de Tapas da Guimaralia
5 Dec 2024

A XV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia remata este xoves, 5 de decembro, na Pobra do Brollón, que este ano contou con catro locais participantes na propia Pobra do Brollón (Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e Bar Pirata), e outros dous fóra da capitalidade, (A Salanova en Salcedo e mais O Fogón en Cereixa).

As propostas que se ofreceron foron catadas previamente por dous profesionais da hostalería: o cociñeiro Diego Martínez e o sumiller Marcos Eiré. A cata está dirixida a garantir os estándares de calidade dos pinchos e asegurar o cumprimento das condicións.

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. Cada votante debe elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes. Os e as votantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón. Hoxe e o último día para probar as tapas e participar no sorteo.

⚙ Configurar cookies
0.48163795471191