A Pobra do Brollón pon en marcha unha iniciativa visibilizar ás mulleres do C.D. Brollón

O C.D. Brollón pon en marcha “Bancada Feminina”, unha iniciativa destinada a dar visibilidade ao colectivo feminino do CD Brollón. Como parte desta actividade, para o domingo 23 está prevista unha saída en autobús a Xinzo de Limia para asistir ao partido entre o C.D. Brollón e o Antela FC B.
Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas, que deben realizar reserva previa chamando ao teléfono 722 671 662. O prazo para anotarse pecha o venres 21 ás 20:00 horas.
A iniciativa está financiada grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e forma parte do Plan de Igualdade do Concello da Pobra do Brollón, concretamente na Liña 4, que busca promover espazos libres de violencia de xénero. O plan está dispoñible para consulta na web do concello.