A Pobra do Brollón organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o 14 de xullo

O Concello da Pobra do Brollón organiza para o vindeiro luns, 14 de xullo, unha excursión de todo o día ao Aquapark de Cerceda. A saída está prevista ás 9:30 horas e o regreso será arredor das 20:00 horas.
As inscricións poden realizarse ata este xoves, 10 de xullo, na Biblioteca Municipal, de forma presencial ou chamando ao 982 430 546. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
O prezo da actividade é de 20 euros para persoas adultas, 1 euro para nenos e nenas de ata 4 anos, 7 euros para crianzas de entre 5 e 12 anos, e 10 euros para maiores de 12 anos.
Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta saída para desfrutar dun día de lecer e diversión en familia.