A Pobra do Brollón organiza un obradoiro de teatro xuvenil para a Feira Guímara 2025

A organización da Feira Guímara 2025 pon en marcha un obradoiro de teatro dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. A actividade será impartida pola actriz e formadora Noa Moreira e terá como obxectivo preparar unha representación teatral sobre a revolta do pobo guímaro contra as inxustizas do Conde de Lemos.
A obra representarase o sábado 12 de xullo durante a celebración da Feira Guímara. O obradoiro desenvolverase en varias sesións ao longo do mes de xuño, en datas e horarios que se acordarán coas persoas participantes para facilitar a súa asistencia.
Esta iniciativa busca promover a participación da mocidade na feira e achegar o teatro como ferramenta para coñecer e representar a historia local.