A Pobra do Brollón organiza un campamento de Semana Santa na biblioteca

O Concello da Pobra do Brollón organiza durante as vacacións de Semana Santa un campamento na biblioteca dirixido a nenos e nenas de a partir de catro anos co obxectivo de favorecer a conciliación entre as familias.
A actividade, incluída no programa 'a Guimaralia máis Corresponsable 2025' do Plan Corresponsables, desenvolverase entre o 14 e 0 18 de abril, de luns a venres, en horario de mañá, entre as 8.00 e as 13.00 horas.
As persoas interesadas en anotar aos seus fillos e fillas poderán facelo ata o vindeiro venres, 11 de marzo, na área de Servizos Sociais, de maneira presencial, por correo electrónico a través da dirección educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal ou por teléfono a través do 982 430 447 e 609 004 451.