A Pobra do Brollón organiza un campamento de conciliación durante a Semana Santa

RibeiraSacraXa
Está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e as inscricións poderán realizarse ata o mércores 25
campamento-nenos
20 Mar 2026

O Concello de A Pobra do Brollón pon en marcha un Campamento de Conciliación durante toda a Semana Santa, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar.

O programa está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos e desenvolverase polas mañás na Biblioteca Municipal, con actividades lúdicas e socioeducativas adaptadas a diferentes idades.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse ata o mércores 25 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas, chamando ao 982 439 546 ou directamente na Biblioteca Municipal.

Esta iniciativa ofrece ás familias a posibilidade de combinar ocio educativo con horarios compatibles coa xornada laboral durante as vacacións da Semana Santa.

0.12631416320801