A Pobra do Brollón organiza a sexta edición dos concursos de comadres e compadres, entre outras actividades de Entroido

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón organiza a sexta edición dos concursos de comadres e compadres, entre outras actividades de Entroido
31 Xan 2023

Dentro das actividades que organiza o Concello da Pobra do Brollón para o Entroido, están os obradoiros de comadres e compadres, abertos a toda a rapazada e que terán lugar o 7 e o 14 de febreiro ás 17.30 horas na Casa da Cultura Olga Novo.

Ademais, organízase conxuntamente con estes obradoiros, a sexta edición dos concursos de comadres e compadres os xoves 9 e 16 de febreiro, para os que se engade unha nova categoría, o premio individual de adultos, ademais do infantil e os premios a colectivos.

Outra novidade é o xeito de inscrición. As solicitudes poderán presentaranse na Biblioteca Municipal do Concello ata o 8 de febreiro, chamando ao teléfono 982 430 546 ata o 15 de febreiro ou enviando unha fotografía das figuras participantes ao whatsapp 650 624 828, indicando nome da persoa ou colectivo participante, e categoría na que participa.

Outras actividades de Entroido

Ademais dos obradoiros e concursos de comadres e compadres, tamén os xoves 9 e 16 de febreiro terá lugar iante do Concello a Queima de compadres e comadres a partir das 618.30 horas.

O sábado 18 a partir das 17.00 horas terá lugar o desfile de disfraces, comparsas e carrozas amenizados co grupo Charanga RWR que rematará na Casa da Cultura coa entrega de premios. E ás 20.00 horas haberá funcións de teatro para festexar o Entroido, tanto o sábado como o domingo 19. Ademais, o domingo, comezará a tarde ás 17.00 horas co pregón e o pase de disfraces de campo, madamas e danzantes.

Por último, o luns 20 terá lugar ás 17.00 horas a saída do Oso de Salcedo, sen olvidar as primeiras actividades de Entroido, o ciclo de charlas 'Desenmascarando o Entroido' que comezan este 3 de febreiro.

0.19276690483093