A Pobra do Brollón mantén activo ata o 14 de setembro o seu programa de visitas guiadas de verán “Déixate guiar”

RibeiraSacraXa
As visitas inclúen o Castro de San Lourenzo, o xacemento de Penas do Castelo, a Cova das Choias e as Adegas e o Miradoiro de Vilachá
deixate-guiar-cova-das-choias
Visita á Cova das Choias
1 Sep 2025

O Concello da Pobra do Brollón mantén en marcha ata o 14 de setembro o programa de visitas guiadas de verán “Déixate guiar”, que propón catro percorridos para coñecer o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio: o Castro de San Lourenzo, o xacemento de Penas do Castelo, a Cova das Choias e as Adegas e o Miradoiro de Vilachá.

Unha das paradas máis singulares é a Cova das Choias, na parroquia de Óutara, onde os visitantes poden achegarse a unha flora e fauna únicas, descubrir curiosas lendas e coñecer a xeoloxía e historia da paisaxe. O acceso á cova só está permitido mediante visita guiada, para garantir a protección do seu interior.

As visitas celébranse en distintos días e horarios ao longo da semana: ao Castro de San Lourenzo pódese acudir os luns ás 18:00 horas, os martes e mércores ás 11:00; en Penas do Castelo as rutas realízanse os luns e xoves ás 11:00 e os venres ás 18:00; a Cova das Choias pode visitarse os martes e xoves ás 18:00; e finalmente, as Adegas e o miradoiro de Vilachá reciben visitantes os mércores ás 18:00 e os venres ás 11:00.

Todas as actividades requiren reserva previa no teléfono 603 965 082 e teñen un custo de 5 euros por persoa, mentres que os menores de 12 anos poden participar de xeito totalmente gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.16966485977173