A Pobra do Brollón leva a cabo traballos de roza en varias estradas e camiños municipais

O Concello da Pobra do Brollón está a levar a cabo durante estes días diferentes traballos de roza e limpeza en varias estradas e camiños municipais. As labores lévanse a cabo grazas a un convenio entre a área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón, para cooperar no financiamento de actuacións de limpeza e mantemento de camiños rurais.
En total, dous tractoristas e catro peóns forestais con rozadoras están a traballar por manter as vías limpas de vexetación.