A Pobra do Brollón inicia en outubro actividades deportivas para nenos e adolescentes no curso 2025-2026

O Concello da Pobra do Brollón presenta “Móvete despois do cole”, un programa de actividades deportivas destinado a nenos e adolescentes durante o curso 2025-2026. As sesións incluirán fútbol sala e multideporte e desenvolveranse as tardes dos luns, martes e venres.
O programa está aberto a todas as idades, incluíndo alumnado de secundaria. As clases comezarán o 1 de outubro, e as inscricións poden realizarse ata o 26 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais do Concello. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 982 430 447 ou 609 004 451, ou escribir ao correo educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.