A Pobra do Brollón entregou os trofeos do IX torneo de fútbol sala Oliver e Benji

Tras unha intensa semana de partidos no Pavillón Municipal da Pobra do Brollón, este pasado domingo rematou o Torneo de fútbol sala Oliver e Benji, que celebrou a súa novena edición con preto de 60 equipos participantes.
Os equipos gañadores en cada categoría foron Carpintería Metálica Rubén en Prebenxamín, Pandilla Pichichi en Benxamín, Forestales C&A en Alevín, Tronkísimos en Infantil e Rayo Vayacaño nas categorías Cadete e Xuvenil.
Na categoría Xuvenil, Rayo Vayacaño proclamouse campión, seguido de Ramirazo como subcampión e Aston Vila en terceiro lugar. En Cadete, Rayo Vayacaño tamén logrou o título, con Rayo de Xinzo como subcampión e Combo 2020 en terceiro posto.
En Infantil, Tronkísimos levou o campionato, con Gestega e Tronkitos en segundo e terceiro posto respectivamente. A categoría Alevín tivo como campión a Forestales C&A, con ED Quiroga como subcampión e Tarantinos en terceiro lugar.
Pandilla Pichichi gañou en Benxamín, seguido de Katatrá e Malo Será. En Prebenxamín, Carpintería Metálica Rubén foi campión, Inter Ribeira Sacra quedou segundo e Kinkis cuarto.
A entrega de premios estivo presidida polo Tenente de Alcalde da Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio. Desde a organización felicitaron a todos os gañadores e participantes polo seu esforzo e dedicación durante toda a competición.