A Pobra do Brollón convoca unha concentración este luns con motivo do 8M

O Concello da Pobra do Brollón convocou unha concentración con motivo do Día Internacional da Muller. O acto terá lugar o luns 9 de marzo ás 12.00 horas diante da Casa do Concello.
Durante a concentración procederase á lectura dun manifesto en defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres, no marco das actividades conmemorativas do 8M.
Dende o Concello fan un chamamento ás veciñas e veciños do municipio para que participen neste acto e se acheguen á praza situada fronte ao edificio consistorial para sumarse a esta iniciativa. O obxectivo é visibilizar o compromiso coa igualdade e reivindicar os dereitos das mulleres.