A Pobra do Brollón continúa coas festas do Corpus

RibeiraSacraXa
Maxia, concertos e festa serán o eixe das celebracións
verbena-festa-orquesta-concerto
Programa do Corpus
1 Xuño 2024

Este venres 31 deron comezo as festas na Pobra do Brollón do Corpus, un pasarrúas e unha pancetada deu a saída a esta celebración foi protagonista ata a madrugada.

Este sábado día 1 as festas arrancarán cunha alborada a cargo do grupo de gaitas Airiños da Mioteira, á que seguirá a tradicional misa solemne ás 13.00 horas.

Pola tarde está prevista a actuación do mago David Méndez co seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá, sobre ás 20.00 horas para rematar coa festa a cargo do grupo Taki Cardia e DJ Tariro.

O domingo tamén a música espertará aos veciños, esta vez a cargo do grupo Alecrín. Tamén haberá misa solemne e a procesión estará acompañada da Coral Polifónica da Escola de Música de Samoeiro e a Banda de Música de Antas de Ulla. Esta última banda fará un concerto no campo da festa ao remate.

Ás 21.30 horas a festa de tarde estará a cargo da orquestra Tango.

Ademais, haberá colchonetas para os nenos de balde de 21.30 a 0.30 horas a fin de semana.

programa-corpus-a-pobra-do-brollon
0.25774502754211