A Pobra do Brollón comezará este venres unha serie de obradoiros de reciclaxe creativa

Este venres, 3 de outubro, o Concello da Pobra do Brollón dará comezo a unha serie de obradoiros de reciclaxe creativa destinados a persoas adultas. A iniciativa busca dar unha nova vida a obxectos e materiais usados, transformándoos en pezas decorativas ou útiles para o fogar, ao mesmo tempo que se traballan habilidades como a concentración, a imaxinación e a coordinación.
Os obradoiros celebraranse todos os venres, de 11:00 a 12:30 horas, na aula da Escola de Música, situada xunto ao colexio. A participación terá un custo de 15 euros ao mes. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición nas oficinas de Servizos Sociais, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, primeiro andar, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou chamando ao 982 430 447.