A Pobra do Brollón chama á veciñanza a facer un uso responsable da auga

RibeiraSacraXa
Lembran que o consumo da auga procedente da rede municipal deberá destinarse exclusivamente ao consumo doméstico
rede-auga-grifo
21 Aug 2025

O Concello da Pobra do Brollón pide á veciñanza que faga un uso responsable da auga e lembra que están vixentes restricións no uso da auga procedente da rede municipal de abastecemento, que deberá destinarse exclusivamente ao consumo doméstico.

Segundo informou a administración local, queda prohibido empregar a auga municipal para o rego de hortas e xardíns, encher piscinas particulares ou similares, así como para lavar vehículos, fachadas, patios ou outros espazos.

O Concello explica que a medida adóptase ante a situación de seca e a previsión de escaseza de auga durante o verán. Ademais, comprométese a controlar o consumo nos edificios e instalacións municipais, a supervisar os espazos públicos e a vixiar posibles perdas na rede de abastecemento.

Tamén se fai un chamamento á veciñanza dos núcleos con abastecemento propio para que adopten medidas de aforro, xa que, segundo destacan, “a seca afecta a todos por igual e é fundamental un uso responsable dun ben tan prezado e escaso”. O Concello lembra que calquera infracción será sancionada conforme ao disposto nesta normativa.

⚙ Configurar cookies
0.15384078025818