A Pobra do Brollón celebrará o Orgullo cunha exposición

RibeiraSacraXa
‘Saír da norma’ poderá visitarse a partir do venres 27 de xuño
Imaxe da bandeira do Orgullo LGTBI+
19 Jun 2025

Na Pobra do Brollón, a celebración do Orgullo LGBTIQ+ terá lugar o venres 27 de xuño, un día antes da data internacional do 28 de xuño. O acto principal será a inauguración da exposición ‘Saír da norma’, que busca profundar no concepto de diversidade sexual e de xénero, mostrando os mecanismos que están detrás do que se considera ‘normal’ e dando a coñecer persoas referentes do panorama galego actual.

A programación tamén inclúe unha mesa redonda titulada ‘Desviar as letras, diversificar a memoria’, moderada por Branca Albán, da Cooperativa Outonía. Nesta mesa confluirán diversas voces que reflexionarán sobre a importancia de visibilizar o colectivo LGBTIQ+ nas zonas rurais, a través de expresións como a oralidade, a poesía, os contos, a performance e a música.

O evento rematará cun recital poético-musical chamado ‘Os nomes íntimos’, protagonizado por Lucía Aldao e Samuel Merino.

Todas as actividades terán lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16029810905457