A Pobra do Brollón celebrará o Día das Bibliotecas con poesía e un escape room para nenos e nenas

O Concello da Pobra do Brollón prepara dúas propostas para conmemorar o Día das Bibliotecas, que se celebrará esta semana, con actividades pensadas para pequenos e maiores.
A primeira actividad terá lugar o xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará o seu poemario ‘Mapa da Estría’, acompañada por Alba María e Olga Novo. En esta obra, Nunes Brións afonda na poesía de autoficción, nutríndose das experiencias vividas en distintos territorios do mundo, como China, Guinea Bissau, Vietnam, India, México ou Italia. A autora explora a relación entre xeografía emocional e cartografía experiencial, abordando ausencias, incertezas, precariedade e o desafío das múltiples linguas e culturas, amosando como o amor se diversifica como acto de resistencia.
Pola súa banda, o venres 24, día oficial do Día da Biblioteca, a rapazada de entre 4 e 16 anos poderá participar nun ‘escape room’ na Biblioteca municipal Antonio Reboiro. Nesta actividade do programa Ler Conta Moito, os participantes deberán resolver unha serie de misterios mediante a cooperación e o enxeño para acadar un obxectivo común. As persoas interesadas en participar no escape room deben anotarse antes do 22 de outubro na Biblioteca municipal.