A Pobra do Brollón celebra o Festival das Letras co alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro

RibeiraSacraXa
Será este sábado, 17 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas
Escola-Música-Samoeiro-A-Pobra-do-Brollon
Imaxe da Escola de Música O Samoeiro
14 May 2025

Este sábado, a partir das 19.00 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá o Festival das Letras organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Este evento será unha homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral, coincidindo co 17 de maio, Día das Letras Galegas, no que a música tradicional galega terá un protagonismo especial.

O festival contará con actuacións do alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro, incluíndo a Coral, as Pandereiteiras, o grupo de gaitas e o grupo de baile, que ofrecerán un variado programa de música tradicional.

A entrada é libre e aberta a toda a veciñanza que desexe desfrutar da música e da cultura.

⚙ Configurar cookies
0.1630699634552