A Pobra do Brollón celebra o Concurso de Tapas da Guimaralia do 1 ao 8 de decembro
RibeiraSacraXa
O vindeiro venres 1 de decembro comeza na Pobra do Brollón a XIV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia.
16 Nov 2023
O vindeiro venres 1 de decembro comeza na Pobra do Brollón a XIV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 8 poderanse degustar as propostas dos seis bares participantes, repartidos por todo o Concello.
Os interesados poderán gozar das tapas de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas. Todas elas incorporarán produtos locais. Os que se animen a probalas e votar entrarán nun sorteo.
Nesta edición, participan os negocios Avenida, Bar Pirata, O Fogón, Pirmeiro de Maio, Salanova e Vella Taberna que competirán por ofrecer o mellor prato.