A Pobra do Brollón busca auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar ata o 11 de xullo

RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón busca auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar ata o 11 de xullo e as persoas interesadas poden inscribirse
servizos sociais pobra do brollon
29 Jun 2023

Unha nova bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) foi creada polo Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de contratar temporalmente a persoas para realizar substitucións por ausencias de persoal debido a incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas.

“Na Pobra do Brollón temos un servizo de axuda no fogar reforzado que supera o esixido pola Xunta e con esta bolsa de emprego queremos seguir ofrecendo este servizo coas máximas garantías para o benestar e calidade de vida dos nosos veciños”, declarou o alcalde Xosé Lois Maceda.

As funcións a realizar para as persoas que opten á bolsa son as de atender no ámbito domestico, con actividades e tarefas no fogar, e de atención persoal, tipo compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións, mobilización dentro do fogar, etc.

A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso con valoración de méritos e as xornadas poden ser completas ou parciais, en función da praza que se cubra en substitución, pero para coñecer máis información, pódese acceder á sede electrónica do Concello, onde tamén se poden presentar as solicitudes ata o 10 de xullo.

0.16901302337646