A Pobra do Brollón acolleu un encontro para relanzar a Comunidade Enerxética local

Este martes celebrouse en A Pobra do Brollón un encontro destinado a relanzar o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética no municipio.
A Comunidade Enerxética baséase no uso de enerxía renovable e no autoconsumo colectivo, co obxectivo de avanzar cara a un modelo enerxético máis sostible, democrático e resiliente. Isto suporía un aforro importante na factura da luz e unha notable redución da contaminación.
Calquera veciña ou veciño interesado en formar parte desta iniciativa pode solicitar máis información contactando con Marián Martínez, Concelleira de Medio Ambiente, no teléfono 629 865 663.
Esta acción desenvólvese no marco do proxecto EC4RURAL, en coordinación coa Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). A Pobra do Brollón é un dos 22 municipios rurais galegos que participan neste proxecto financiado polo programa LIFE.