A Pobra do Brollón acolleu a charla de Ana F. Santamariña, vogal de Augas en Adega

RibeiraSacraXa
Na charla alertou dos diferentes perigos aos que está exposta Galicia coa instalación da empresa ALTRI
Altri-non-A-Pobra-do-Brollón
8 Jun 2024

Ana F. Santamariña, vogal de Augas da Asociación Ecoloxista Adega, ofreceu unha charla "moi esclarecedora para entender os graves impactos do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei", defenden desde o Concello da Pobra do Brollón.

Entre os impactos dos que alertou falou da contaminación da auga do río Ulla e da Ría de Arousa, do consumo de millóns de litros de auga ao día, da contaminación do aire, da destrución de flora incluídas algunhas especies en perigo de extinción, do aumento da eucaliptización, do perigro para a fauna, incluídos aves e anfibios xa catalogados como ameazados; do perigro para a saúde dos e das habitantes da zona e do impacto socioeconómico para o sector da agricultura, da gandería e dos servizos.

"Foi unha charla moi necesaria que nos fixo reflexionar sobre o modelo de rural e de uso dos recursos naturais que queremos para o noso territorio", conclúen desde o Goberno local.

0.17321109771729