A Pobra do Brollón acolleu a actividade de aproximación científica 'Ciencia á Feira'

RibeiraSacraXa
No obradoiro de divulgación científica participaron arredor de 20 persoas
Ciencia-á-Feira-A-Pobra-do-Brollón
13 Xuño 2024

A Pobra do Brollón acolleu unha actividade baixo o nome de 'Ciencia á Feira', un obradoiro de divulgación científica no que participaron arredor de 20 persoas.

A persoas que pasaron polo posto instalado na área recreativa aprenderon de maneira divertida e informal sobre produción vexetal coas técnicas de micorrización e o microenxerto 'in vitro'.

Esta iniciativa para achegar á veciñanza a ciencia e a tecnoloxía está promovida por Xuvenciencia da USC, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Goberno de España, entre outras entidades.

0.18986511230469