A Pobra do Brollón acollerá unha sesión formativa sobre eficiencia enerxética para as familias
O vindeiro venres A Pobra do Brollón acollerá unha sesión formativa sobre eficiencia enerxética impartida desde Narturgy.
A cita terá lugar de 10.00 a 11.30 horas na Casa da Cultura Olga Novo e nela abordaranse temas como a factura da luz e do gas, que se explicará para que os asistentes poidan comprendela; así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia.
Do mesmo xeito, tamén darán consellos sobre como levar a cabo pequenos cambios e recomendarán algunhas pautas de comportamento no día a día para obter un aforro enerxético no consumo e na factura mensual.
Por último, falarán sobre que bono social e outras axudas hai vixentes para paliar que a suba da factura se note tan significativamente nos bolsillos dos consumidores e de que forma hai que pedilas.