A Pobra do Brollón acollerá unha charla sobre o papel dos montes na loita contra o cambio climático

RibeiraSacraXa
A actividade está organizada pola Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común Catro Cabaleiros, no marco das ‘Lambiscadas Científicas’
lambiscadas-cientificas-brollon
12 Oct 2025

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá o mércores 15 de outubro, ás 20:30 horas, unha charla sobre a importancia dos montes na loita contra o cambio climático e o seu potencial nos mercados de carbono actuais.

A actividade está organizada pola Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común Catro Cabaleiros, no marco das ‘Lambiscadas Científicas’, unha serie de charlas de divulgación científica para público xeral de aproximadamente unha hora de duración.

As ‘Lambiscadas Científicas’ están impulsadas por XuvenLab en colaboración coa Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, dentro do proxecto Ciencia á Feira, financiado pola FECYT.

⚙ Configurar cookies
0.069479942321777