A Pobra do Brollón acollerá o pase de outono de Vendaval, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Será o 22 de novembro e contará coa proxección de catro curtas na Casa da Cultura
Casa-da-Cultura-Olga-Novo-A-Pobra-do-Brollón
Casa da Cultura Olga Novo
12 Nov 2025

A Pobra do Brollón acolle o pase de outono de Vendaval, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra. O evento terá lugar o sábado 22 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Durante a sesión proxectaranse as curtamtraxes ‘O Homem de Trás-os-Montes’, dirixida por Miguel Moraes Cabral (27 minutos), ‘Longe da Amazónia’, de Francisco Carvalho (18 minutos); ‘Kora’, de Cláudia Varejão (29 minutos); e ‘Anjo’, de Miguel Nunes (24 minutos).

Tres dos catro filmes serán exhibidos en versión orixinal subtitulada ao galego, coa tradución de Héctor Pardo Álvarez en ‘Anjo’ e de María Prieto en ‘O Homem de Trás-os-Montes’ e ‘Longe da Amazónia’. A curtametraxe ‘Kora’ contará con subtítulos en castelán.

⚙ Configurar cookies
0.068793058395386