A Pobra do Brollón acollerá o IV Trail e Andaina Capela do San Vitoiro o 7 de setembro

A Pobra do Brollón celebrará o vindeiro domingo 7 de setembro a cuarta edición do Trail e Andaina Capela do San Vitoiro, unha cita deportiva que reunirá a participantes de todas as idades na área recreativa de Samugueiros. A saída e chegada estarán situadas neste espazo, cun percorrido que pasará polo Mirador Pena do Santo, xunto á capela que lle dá nome ao evento.
A proba incluirá un Trail de 28 km con 1100 metros de desnivel positivo, un Minitrail de 14 km con, a Andaina cun percorrido a elixir entre 9 km ou 14 km. Ademais, por primeira vez, a proba incluirá a modalidade Corziñ@s Trail, destinada a nenos e nenas de entre 12 15 anos e que contará cun percorrido de 1,8 quilómetros.
As inscricións están abertas ata o 24 de agosto, cun prezo que vai dos 5 euros para o Corz@ Trail ata os 18 euros do Trail longo. No caso da Andaina, os menores de 14 anos poderán participar acompañados por un adulto e cunha autorización asinada.