A Pobra do Brollón acollerá cursos para mellorar o uso das novas tecnoloxías en maiores de 55 anos

RibeiraSacraXa
Serán dous cursos que terán lugar na segunda quincena de xuño na Casa da Cultura Olga Novo
Imaxe de ordenadores
30 May 2025

Na segunda quincena de xuño, A Pobra do Brollón acollerá uns cursos dirixidos a persoas maiores de 55 anos para mellorar a súa relación coas novas tecnoloxías. Tamén poderán participar acompañantes como netos, fillos ou coidadores.

Ofreceranse dous cursos: un de formación básica para o uso de internet e aplicacións co móbil, e outro centrado en trámites e xestións persoais por intern. Cada participante deberá realizar ambos cursos, que se adaptarán ás necesidades formativas das persoas asistentes.

As formación desenvolveranse do 18 ao 27 de xuño en horario de 10.00 a 12.30 horas no caso do curso ‘Básico de internet e aplicación co móbil’, e do 28 ao 30 de xuño no caso do curso ‘Trámites xestións persoais por internet’. Ambos terán lugar na Casa da Cultura Olga Novo.

As inscricións e máis información poden realizarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello (982 430 447), na Fundación Impulsarse (697 812 560) ou por correo electrónico a andreanoafundacion@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.12885689735413