A Pobra do Brollón acolle unhas xornadas sobre o aproveitamento dos montes

RibeiraSacraXa
Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, acolle unhas xornadas sobre experiencias de éxito e fracasos en aproveitamentos diferentes do monte.
montes cervo caolín
9 sep 2021

Do 22 ao 24 de outubro vanse desenvolver en Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, unhas xornadas sobre experiencias de éxito e fracasos en aproveitamentos diferentes do monte.

Ademais de relatorios moi interesantes con expertos en diversos temas, haberá unha demostración dun aserradoiro móbil e unha visita ao Monte Carballo de Friol.

Así pois, as xornadas comezarán o venres 22 de outubro cun horario de 16.30 a 20 horas. Neste día, haberá varios cursos sobre incendios forestais, aproveitamento de resina e aproveitamentos de froitos.

En canto ao sábado, a xornada realizarase de mañá e de tarde. Comezando pola mañá, de 9 a 14 horas, farase unha demostración do funcionamento dun aserradoiro móbil en Boimorto. En canto á tarde, de 15.30 a 20 horas, a xornada versará sobre o aproveitamento de cogomelos, de gandeiros extensivos e de madeireiros.

Xa para rematar, o domingo visitarase o Monte Carballo de Friol en horario de mañá.

A asistencia é gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente. Así mesmo, para máis información ou para reservar pódese contactar con marcos.ferreira@sistemasea.gal ou no número de teléfono 687 870 862.

cartel pobra xornadas montes
0.17566800117493