A Pobra do Brollón acolle unha Xornada Guerrilleira entre a Casa dos Amaro e a Casa da Cultura
RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón acolle unha Xornada Guerrilleira entre a Casa dos Amaro e a Casa da Cultura o vindeiro 22 de abril
11 Apr 2023
Unha nova Xornada Guerrilleira celebrarase na Pobra do Brollón o vindeiro 22 de abril entre a Casa dos Amaro en Repil e a Casa da Cultura 'Olga Novo’.
Así, a partir das 11.00 horas do sábado, a Casa dos Amaro en Repil acollerá a presentación de dous libros, unha homenaxe aos héroes e heroínas da batalla de Repil, que se produciu o 20 de abril de 1949; e unha sesión vermú con Os tres de San Lourenzo, que virá acompañada de empanadas.
Xa pola tarde, na Casa da Cultura Olga Novo, Eliseo Fernández e Mario Bueno farán exposicións de temas históricos que darán lugar á proxección do documental 'A cidade da selva'.
Xa ás 19.00 horas terá lugar un debate coloquio, que rematará con viño guerrilleiro.