A Pobra do Brollón acolle unha charla sobre os impactos medioambientais que terá a instalación de Altri
RibeiraSacraXa
A charla será impartida por Ana F. Santamariña, vogal de Augas de ADEGA e doutora en hidroloxía e xestión de recursos hídricos
4 Jun 2024
Este mércores, 5 de xuño, ás 20.15 horas terá lugar unha charla sobre os impactos ambientais da macrocelulosa de ALTRI na Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón.
A charla, organizada polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), será impartida por Ana F. Santamariña, vogal de Augas de ADEGA e doutora en hidroloxía e xestión de recursos hídricos.
A factoría de fibra de celulosa está proxectada para instalarse en Palas de Rei, ao borde do río Ulla e limitando coa Serra do Careón, espazo Red Natura.