A Pobra do Brollón acolle o III Trail Capela do San Vitoiro o 7 de setembro

RibeiraSacraXa
Incluirá un trail longo, unha andaina, un minitrail e unha carreira para os máis pequenos
Trail-a-Capela-cartel
6 Xuño 2024

O III Trail Capela do San Vitoiro da Pobra do Brollón terá lugar o vindeiro 7 de setembro de 2024, que incluirá un trail longo, unha andaina, un minitrail e unha carreira para os máis pequenos.

Desta maneira, o trail longo é de 28 km e de 1.1000 metros de inclinación, "a nosa carreira estrela e pola cal leva o nome a proba, xa unha clásica", explican os organizadores.

Pola súa parte, o minitrail é de 14 km e de 450 metros de inclinación, que "case podiamos denominala speed trail, unha carreira rápida pero fermosa gracias o seu entorno", sosteñen.

Ademais, a novidade deste ano son dúas andainas, unha de 14 km e 450 metros e outra de 9 km e de 200 metros, pero unha única proba. Así, as persoas que se inscriben deciden se completar os 14 km totais ou acurtar ata rematar con 9 km.

Finalmente, estará a Corziñ@s Trail, para idades comprendidas entre 12 e 15 anos, que será de 1'8 km e 50 metros de inclinación, unha nova proba "para que os rapazes poidan desfrutar e empezar a engancharse a este deporte", explican.

"Todo isto con festa final na fermosa área recreativa Samugueiros, onde hai zona de baño, un gran avituallamento final con cervexa, entrega de trofeos e máis sorpresas", engaden.

0.21357893943787