A Pobra do Brollón acolle o II Torneo de Fútbol Sala durante a Semana Santa

RibeiraSacraXa
Comezará o 31 de marzo e as inscricións poderán realizarse até este domingo
balon-futbol-sala
27 Mar 2026

O pavillón municipal da Pobra do Brollón será escenario do II Torneo de Fútbol Sala, que se celebrará entre os días 31 de marzo e 3 de abril, coincidindo coa Semana Santa.

A iniciativa ofrece unha alternativa deportiva nestas datas, reunindo a afeccionados ao fútbol sala nun evento que busca fomentar a participación e o ocio activo.

As inscricións para participar no torneo permanecerán abertas ata o 29 de marzo, e poden formalizarse a través dos teléfonos 722 671 662 e 636 439 140.

0.1067750453949