A Pobra do Brollón acolle este sábado un concerto en homenaxe á poesía lucense

Este sábado 11 de outubro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ en A Pobra do Brollón acollerá o concerto ‘Na casa delas’, unha proposta que rende homenaxe a destacadas poetas de Lugo, e que inclúe tamén textos da tradición oral da provincia.
O cuarteto vocal Son de Corda, acompañado do pianista Raúl Rodríguez e da bailarina María Pichín, protagoniza a actuación. Durante o espectáculo proxectaranse ademais vídeos de Manuel Lucas e Alejandro Gándara, dedicados ás poetas homenaxeadas.
A cita combina música, danza e imaxe para achegar ao público ás emocións e reflexións presentes nos poemas, desde o amor e a dúbida ata a vida cotiá. A entrada é gratuíta e aberta a todos os interesados.