A Pobra do Brollón acolle a charla 'A pobreza na terceira idade ten nome de muller'

RibeiraSacraXa
Desenvolverase esta tarde a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo
Casa-da-Cultura-Olga-Novo-A-Pobra-do-Brollón
24 Jun 2024

A Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón acolle esta tarde ás 19.00 horas a charla 'A pobreza na terceira idade ten nome de muller', que impartirá Carmen Abuín, formadora en Igualdade.

Con motivo da celebración, o 23 de xuño, do Día Internacional das Viúvas, "achegarémonos á cara feminina da pobreza, ligada, en moitas ocasións, á perda do home. Faremos un breve percorrido pola situación das viúvas en distintos países do mundo para centrarnos, finalmente, no caso español", explican desde o Concello.

Esta actividade enmárcase no Programa Plan Corresponsables no ámbito local e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

0.16076683998108