A Pobra do Brollón abordará a situación en Palestina nunha charla a cargo do activista Fayez Badawi

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro luns, 6 de outubro, na Casa da Cultura Olga Novo
Coloquio de Fayez Badawi en Monforte
2 Oct 2025

O Concello de A Pobra do Brollón organiza o vindeiro luns 6 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, unha charla coa participación de Fayez Badawi, quen ofrecerá unha visión detallada sobre a situación actual en Palestina, a historia do conflito e a situación de violencia que afecta ao pobo palestino.

Fayez Badawi, nado en 1955 nun campo de refuxiados no Líbano, é unha voz privilexiada para falar deste tema. Os seus pais dedicábanse á gandería de cabras nunha aldea preto de Haifa e foron expulsados das súas casas e terras en 1948. Durante a súa adolescencia, Badawi incorporouse á resistencia palestina e á Frente Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), iniciando labores auxiliares e máis tarde integrándose na guerrilla. Desde os anos 80 reside en España, fuxindo da represión, e durante moitos anos foi portavoz da FPLP en Europa. Actualmente continúa sendo un militante activo, participando en diferentes actos para dar a coñecer a realidade de Palestina desde o punto de vista da Resistencia.

A charla está aberta ao público e supón unha oportunidade para achegarse á historia e situación actual dun conflito que segue sendo un dos máis complexos e prolongados do mundo.

⚙ Configurar cookies
0.2005250453949