A Pobra de Trives xa ten data para o Magosto

RibeiraSacraXa
Será o 7 de novembro e contará coa música de Alberto Cunha
magosto-trives
27 Oct 2025

A Pobra de Trives celebrará o seu Magosto o venres 7 de novembro a partir das 20:00 horas cunha gran festa para veciñanza. O evento contará con comida típica, música en directo co cantante Alberto Cunha, baile e outras actividades para todas as idades. O prezo da entrada é de 2 euros.

O Magosto de Trives promete unha noite de diversión, tradición e convivencia, na que veciños e visitantes poderán gozar dun ambiente festivo e familiar.

⚙ Configurar cookies
0.070433855056763