A Pobra de Trives prepárase para celebrar o 15º Entroido de Verán

A Pobra de Trives acollerá esta fin de semana unha nova edición do Entroido de Verán, que chega xa á súa 15ª edición cunha programación que combina música, mercado artesanal, actividades tradicionais e o desfile de folións.
O venres 8, ás 23:00 horas, a Praza do Doutor Paz será o escenario da sesión musical de Opium DJ Isra.
O sábado 9, a xornada comezará ás 11:00 horas coa apertura do mercadiño na zona vella, seguida dunha sesión vermú con Os Trabazos ás 12:00 horas. Pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase o campionato de billarda na Finca da Barreira e, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto da Banda de Gaitas Os Trintas na Praza do Reloxo. Xa de madrugada, a partir das 00:00 horas, Mario Colomán & The Clocks Band ofrecerán un concerto, seguido da música de DJ Sedinho no mesmo lugar.
O domingo 10 abrirase de novo o mercadiño ás 11:00 horas, e ás 12:00 horas actuará a BG Os Trintas en formato de sesión vermú. O colofón chegará ás 18:00 horas co desfile de folións, que sairá da Finca da Barreira.