A Pobra de Trives organiza unha actividade sobre alimentación e saúde feminina

Este luns, 1 de setembro, ás 18:00 horas, a Sala Blanca de Santa Leonor en A Pobra de Trives acollerá unha actividade sobre alimentación e saúde feminina, organizada dentro do programa Exeria – Espazo feminista para o benestar físico e mental, promovido conxuntamente cos concellos de Barbadás e Ramirás.
A sesión abordará o papel clave da alimentación no ciclo vital das mulleres e como o coidado persoal pode converterse nunha forma de empoderamento.
A actividade é de balde e está aberta a mulleres de todas as idades. Para máis información ou reservas, pódese consultar no Concello ou a través do WhatsApp 685 211 882.