A Pobra de Trives incorpora nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios

O Concello da Pobra de Trives reforza a prevención de incendios e o coidado do medio rural coa incorporación dun novo tractor, unha nova maquinaria xa dispoñible para o Concello que facilitará a mellora dos traballos de limpeza, mantemento e conservación do territorio municipal, contribuíndo así a preservar o entorno natural e a seguridade da vila.
Esta adquisición foi posible grazas á participación do Concello nun programa promovido pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, destinado á compra de tractores e outro tipo de maquinaria para os concellos da provincia.