A Pobra de Trives impulsa un servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

RibeiraSacraXa
Comezará a funcionar a partir deste luns, 14 de abril
Bicicletas eléctricas
13 Apr 2025

O Concello de A Pobra de Trives impulsa un servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas, que comezará a funcionar este mesmo luns, 14 de abril.

O servizo estará dispoñible en tres quendas: dúas a media xornada, entre as 9.00 e as 15.00 horas e entre as 15.00 e as 21.00, e unha a xornada completa, de 9.00 a 21.00. En total haberá catro bicicletas dispoñibles, e o prezo será de 3 euros para o alugueiro a media xornada e de 5 euros para o día completo.

Con esta iniciativa, o concello ofrece a veciños e visitantes unha forma de percorrer o municipio de forma sostible. As reservas están dispoñibles na web www.bicitrives.eu.

⚙ Configurar cookies
0.14568305015564